Proxecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título do proxecto:

14 Pon a proba os teus sentidos: artesanal ou artificial?

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Hipótese

Consideramos que as IAs son capaces de deseñar documentos de texto, imaxes, vídeos e sons que confunden aos espectadores e oíntes facéndoos crer que son creacións orixinais humanas ou imaxes reais, non finxidas. Cremos que esta capacidade da tecnoloxía progresa cada vez máis e que non importa a idade para resultar enganado ou enganada.
Resultados

Tal como supuxemos, as IAs están facendo cada vez un traballo máis perfecto que dificulta moito a identificación de textos, imaxes e vídeos estre orixe antrópica e orixe cibernética. En canto a texturas e olores, a diferenciación por parte das persoas entre orixes naturais e artificiais é máis exitosa.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Mónica Cheng
Mauro Fernández Traba
Titor/a

Miguel Leiva Torreiro
Centro

CPR Seminario Diocesano de Lugo - San Lorenzo
Descrición

En primeiro lugar, elaboramos diferentes probas baseadas en varios tipos de estímulos: imaxes, sons, cancións, textos e incluso olores. En cada unha destas probas presentarase aos participantes unha combinación de elementos: algúns de orixe natural ou creados por persoas e outros xerados por intelixencias artificiais. Os participantes deberán indicar cal cren que é a orixe de cada estímulo e explicar, se é posible, os criterios que empregaron para tomar a súa decisión. Co fin de garantir resultados máis fiables, as probas realizaranse con persoas de diferentes idades e perfís, intentando que o grupo de participantes sexa o máis variado posible. Ademais, os estímulos presentaranse en orde aleatoria para evitar que os participantes detecten patróns que poidan influír nas respostas.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.