Consideramos que as IAs son capaces de deseñar documentos de texto, imaxes, vídeos e sons que confunden aos espectadores e oíntes facéndoos crer que son creacións orixinais humanas ou imaxes reais, non finxidas. Cremos que esta capacidade da tecnoloxía progresa cada vez máis e que non importa a idade para resultar enganado ou enganada.
Tal como supuxemos, as IAs están facendo cada vez un traballo máis perfecto que dificulta moito a identificación de textos, imaxes e vídeos estre orixe antrópica e orixe cibernética. En canto a texturas e olores, a diferenciación por parte das persoas entre orixes naturais e artificiais é máis exitosa.