Participa nos nosos Talleres de Secundaria Bacharelato/FP

Se es un particular, podes visitar Galiciencia. Estaremos no Parque Tecnolóxico de Galicia 14, 15 de maio de 10:00h-13:00h e de 15:00h-18:00h e 16 de maio de 10:00h-13:00h. Aconsellámosche que nos visites mellor polas tardes debido a que o volume de asistencia é menor durante este horario.

A túa vida dixital ao descuberto

Imparte: Iria Ollero

Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP.
Local 48, planta baixa do edificio CEI.

Este taller propón ir un paso máis alá da reflexión teórica sobre ciberseguridade, combinando explicacións con actividades prácticas realizadas con computadores portátiles. Esta metodoloxía permitirá experimentar en primeira persoa como funcionan as filtracións de datos, a análise da pegada dixital, a fortaleza dos contrasinais ou as configuracións de privacidade, ofrecendo unha aproximación realista e aplicada á ciberseguridade.

O factor humano na ciberseguridade

Imparte: Manuel Vicente

Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP.
Sala de Xuntanzas IV, planta soto do edificio CEI.

Non son precisos grandes coñecementos técnicos nin deep fakes sofisticados realizados por IA para que nos enganen, rouben os nosos datos ou suplanten unha identidade. O factor humano é fundamental na nosa ciberseguridade, e os que nos queren atacar saben das nosas debilidades e nesgos cognitivos.

Neste obradoiro aprenderemos a identificar riscos en internet e redes sociais, a protexer a nosa privacidade dixital e a recoñecer a desinformación e as noticias falsas. Fomentaremos un uso consciente e crítico das tecnoloxías, coñecendo técnicas básicas de ciberseguridade persoal e sabendo a quen acudir en caso de problemas. As tecnoloxías da información e a comunicación ofrécennos grandes posibilidades, pero debemos aprender a navegar nelas con responsabilidade.

Código Sapiens

Imparte: Vicente Mohedano

Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP.
Sala de Xuntanzas III, planta soto do edificio CEI.

En escasos milenios de evolución, o Homo sapiens conseguiu superar a todas as especies, para así subxugar o planeta.

Como foi posible esa ascensión repentina dentro do reino animal?

O seu dominio da comunicación – esa capacidade inaudita para convocar e arrastrar os seus conxéneres – e a posesión dun código reservado e exclusivo de procesamento, están na base da súa fulgurante ascensión.

Con todo, o enigmático código de comunicación que configura os humanos como sapiens tornouse susceptible de ser invadido, deixando exposta a súa privacidade. O cerebro humano é vulnerable e a tecnoloxía evoluciona con rapidez. Non falamos de ficción científica: a día de hoxe, dispositivos de decodificación avanzada conseguen hackear a intimidade do pensamento humano.

Usamos cookies para mellorar a experiencia.