Espectáculo de ciencia 2026

Ciberseguridade

Espectáculo de ciencia

Espectáculo de ciencia

Con David Ballesteros

Sesión de vídeo streaming o xoves 14 de maio de 11:00 a 12:00h. 50 minutos.

Alumnado de Secundaria/Bachillerato/FP

Salón de actos, planta soto do edificio CEI.

Vivimos cunha falsa sensación de seguridade: pensamos que o mundo dixital é só unha extensión cómoda da vida diaria, cando en realidade está cheo de riscos invisibles que adoitan pasar desapercibidos. Esta charla ofrece unha visión panorámica da situación actual, amosando como funcionan as ameazas máis habituais -desde a enxeñería social ata o uso indebido dos datos persoais- e explicando por que calquera persoa pode verse afectada, independentemente do seu nivel de coñecemento tecnolóxico. O obxectivo é fomentar unha actitude crítica e responsable, poñendo en valor a prudencia, a reflexión e os bos hábitos de uso nos contornos dixitais cotiáns.

En directo a través da canle de Youtube do Parque. Aconsellámosvos que antes vos aseguredes de non ter bloqueado o acceso a Youtube no voso centro.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Para que podamos levar un control da vosa participación por streaming nesta actividade, agradeceriamos que vos inscribades aquí .
Usamos cookies para mellorar a experiencia.