Benvido/a a Galiciencia
Descubre a ciencia dunha forma divertida e accesible en Galiciencia, a feira científica máis grande de Galicia desde 2006. Aberta a todos os públicos, especialmente a estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, Galiciencia ofrece un certame cheo de charlas, talleres, concursos e actividades que se renovan cada ano. Vive a ciencia connosco durante todo o ano!


¡Presenta o teu proxecto en Galiciencia 2026 e forma parte da feira científica máis grande de Galicia!
Este é o teu momento para mostrar o teu talento, conectar con outras mentes inquietas e formar parte dunha comunidade científica vibrante. ¡Prepara o teu proxecto e sorprende ao mundo coas túas ideas!

¡Visita Galiciencia 2026 e vive unha experiencia científica inesquecible!
Es parte dun centro educativo en Galicia? Este ano, Galiciencia, a feira científica máis grande de Galicia, abre as súas portas para que estudantes e docentes de toda Galicia descubran proxectos innovadores, participen en actividades interactivas e se mergullen no emocionante mundo da ciberseguridade, a protección dixital e o uso responsable da tecnoloxía.

¡Atrévete co desafío científico de Galiciencia 2026!
¿Estás preparado/a para poñer a proba o teu enxeño e creatividade? Nesta edición, convidámoste a participar no desafío científico: “Atrévete coa ciberseguridade”.

¡Descubre o teu lado máis creativo co noso Concurso de Galiciencia 2026!
Nesta edición 2026, convidámoste a participar no noso emocionante concurso. É unha oportunidade única para expresar o teu talento e conectar coa ciencia dun xeito diferente.
Os obxectivos de Galiciencia
Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia.
- Con exposición de proxectos
- Con talleres científicos
- Con espectáculos de ciencia
Fomentar o espírito innovador e emprendedor entre os participantes.
- Coa creación de proxectos
- Mediante talleres específicos
Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas.
- Con desafíos científicos
O EVENTO
¿En que consiste?
Exposición de proxectos
Durante 3 días (13, 14 e 15 de maio) os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira con apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante.
Talleres científicos
Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “Ciberseguridade”.
Espectáculos de ciencia
A finalidade desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia e a tecnoloxía que hai detrás do mundo dixital poden ser atractivas, próximas e divertidas para todos. A través do espectáculo, búscase espertar a curiosidade e o pensamento crítico do público, convidándoo a reflexionar sobre a importancia da ciberseguridade na nosa vida cotiá, a protección da información e o uso responsable da tecnoloxía.
Concurso deseño camiseta
O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.
Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Ciberseguridade.
O prazo de presentación dos deseños é desde o 26 de xaneiro ata o 16 de marzo de 2026.
Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Consultar bases de participación.
Desafío científico
O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.
Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Ciberseguridade.

¿E por que vou facer un proxecto de investigación?
É A FORMA MÁIS DIVERTIDA DE APRENDER
A ciencia permíteche aprender desfrutando, desenvolver a imaxinación e a creatividade, e proporcionar coñecementos e procedementos útiles na vida cotiá.
ÁBRECHE A PORTA A NOVAS EXPERIENCIAS
Co teu proxecto podes participar noutras feiras científicas, coñecer novos lugares e conseguir premios polo teu esforzo.
SÉ O/A PRIMEIRO/A
Os científicos sempre se preguntaron o porqué das cousas, e agora podes ser ti o primeiro en facer novos descubrimentos no campo no que queiras investigar.
E agora como participo?
Agora que tes claro que queres participar, preguntaraste como facelo.
Deixámosche unha guía cos catro pasos que debes facer para preparar o teu proxecto. Unha vez listo poderás inscribirte e subir o teu proxecto.
PASO 1
¿Como elixes un tema? Algúns exemplos
Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!
PASO 2
Xa teño tema. ¿E agora?
- Documéntate e comproba que xa non está feito
- Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
- Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo
PASO 3
Xa teño tema. ¿E agora? Parte 2
- Recollida de resultados
- Conclusións
- Bibliografía
PASO 4
¿Como o presento?
- Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
- O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
- Unha vez gravado súbeo a Youtube e envíanos o enlace a través do formulario de inscrición
- Envíanos un PDF do teu proxecto
- No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda ¿Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)
Características
Desfruta aprendendo
Os 6 principios da aprendizaxe en Galiciencia.
Visitantes
á feria
Proxectos presentados
¿Tes algunha dúbida?
Revisa as nosas FAQ
¿Cantos proxectos podo presentar a Galiciencia?
Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos (este límite só para centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP) para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.
Todos os anos enviamos proxectos a Galiciencia, pero este ano ¿hai que cubrir o formulario e ademais un vídeo de 1 min.?
A solicitude de participación este ano faise a través da web de Galiciencia, o formulario é parecido, pero un pouco máis lixeiro. Podes participar presencialmente e online, ou soamente online.
En ambos casos necesitamos para expoñer os proxectos na web de Galiciencia, un vídeo explicativo do proxecto (tal e como se explica no formulario), unha imaxe a modo de portada do proxecto, algo significativo, vistoso e un pdf, é dicir, un documento do proxecto que complete a parte explicativa e expositiva do proxecto.
¿Como se organizará a presentación de proxectos online durante os días da feira? ¿terán que estar conectados por videoconferencia – todos os días e horas?
Non é necesario. Todos os proxectos serán mostrados durante os 3 días da feira, na web de Galiciencia.
Os proxectos que se presenten na modalidade online, non será necesario expoñelos en directo, isto resérvase exclusivamente aos proxectos seleccionados para participar na modalidade presencial.
¿Como se organizan os talleres? ¿conexións Streaming a unhas horas determinadas?
Haberá unha emisión en streaming do espectáculo de ciencia. Irémosvos informando a través da web e das redes sociais.
Os talleres e o espectáculo poderanse desfrutar presencialmente durante os tres días de duración da Galiciencia.
O contido dos talleres, que xa está definido, anunciarase en breve e comunicarase a través da web e as redes sociais.
¿Existe unha data límite para a presentación de proxectos?
A data límite para a presentación de proxectos é o día 16 de marzo.
¿Canto é a duración estimada dunha visita organizada á Galiciencia?
A visita para un grupo de Secundaria ou Bacharelato dura aproximadamente 3 horas e para un grupo de Primaria 2 horas.
Organiza