¿Que é Galiciencia?

Queremos que sintas a ciencia e que a desfrutes durante todo o ano. Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de acercar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

¿Gustaríache participar? Continúa un pouco máis abaixo.

¿Que pretendemos en Galiciencia?

Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia.

  • Con exposición de proxectos
  • Con talleres científicos
  • Con espectáculos de ciencia

Fomentar o espírito innovador e emprendedor entre os participantes.

  • Coa creación de proxectos
  • Mediante talleres específicos

Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas.

  • Con desafíos científicos

O EVENTO

¿En que consiste?

Exposición de proxectos

Durante 3 días (11, 12 e 13 de maio) os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira con apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante.

Talleres científicos

Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “A Economía circular”.

Espectáculos de ciencia

A finalidade desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos, intentando provocar no público unha reflexión sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía e a relevancia de decidir o seu futuro profesional dunha forma libre e sen barreiras físicas nin mentais.

Concurso deseño camiseta

O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.

Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Economía Circular.

O prazo de presentación dos deseños é desde o 18 de xaneiro ata o 25 de marzo de 2022.

Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Consultar bases de participación.

Concurso Fotografía

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.

As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Economía Circular.

O prazo de presentación das fotografías é desde o 18 de xaneiro ata o 18 de abril de 2022.

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:

1. Seguir o Instagram de Galiciencia.

2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2022

Consultar bases de participación.

Desafío científico

O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.

Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Economía Circular.

¿E por que vou facer un proxecto de investigación?

É A FORMA MÁIS DIVERTIDA DE APRENDER

A ciencia permíteche aprender desfrutando, desenvolver a imaxinación e a creatividade,

e proporcionar coñecementos e procedementos útiles na vida cotiá.

ÁBRECHE A PORTA A NOVAS EXPERIENCIAS

Co teu proxecto podes participar noutras feiras científicas, coñecer

novos lugares e conseguir premios polo teu esforzo.

SÉ O/A PRIMEIRO/A

Os científicos sempre se preguntaron o porqué das cousas, e agora podes ser ti

o primeiro en facer novos descubrimentos no campo no que queiras investigar.

¿E AGORA COMO PARTICIPO?

Agora que tes claro que queres participar, preguntaraste como facelo.

Deixámosche unha guía cos catro pasos que debes facer para preparar o teu proxecto. Unha vez listo poderás inscribirte e subir o teu proxecto.

PASO 1

¿Como elixes un tema? Algúns exemplos

Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!

PASO 2

Xa teño tema. ¿E agora?

  • Documéntate e comproba que xa non está feito
  • Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
  • Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo

PASO 3

Xa teño tema. ¿E agora? Parte 2

  • Recollida de resultados
  • Conclusións
  • Bibliografía

PASO 4

¿Como o presento?

  • Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
  • O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
  • Unha vez gravado súbeo a Youtube e envíanos o enlace a través do formulario de inscrición
  • Envíanos un PDF do teu proxecto
  • No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda ¿Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)

CARACTERÍSTICAS

Desfruta aprendendo

Os 6 principios da aprendizaxe en Galiciencia.

0
Visitantes
á feira
0
Proxectos
presentados
Creatividade

Capacidade para xerar ideas e solucións para a resolución de problemas en todos os ámbitos.

Logro

Alcance dunha meta previamente proposta por unha persoa ou un grupo de persoas.

Hábitos

Maneiras nas que o cerebro aprende condutas complexas e adquíreas como propias.

Posesión

Motivación por ter posesións que outros non teñen, insignias prezadas, cromos difíciles de conseguir, o avatar mellor personalizado.

Curiosidade

A ansia de coñecemento leva á evolución das persoas.¡Saca a túa vea máis imaxinativa!

Épica

Sentirse realizado polos descubrimentos e coñecementos adquiridos.

¡ANÍMATE, NON TE ARREPENTIRÁS!

Escolle de que maneira queres participar en Galiciencia

O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.

Visita


Edición 2022

Podes visitar a Galiciencia

  • Para estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato
  • Visitar a exposición de proxectos presenciais
  • Acceder online á exposición de proxectos
  • Visitar os talleres e o espectáculo de ciencia
  • Podes participar en streaming no espectáculo de ciencia
Visítanos

Participa con

Proxectos


Edición híbrida

Presenta o teu proxecto

  • Para estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato
  • Podes participar de forma presencial e/ou online
  • A forma máis divertida de aprender
Apúntate

AS NOSAS RESEÑAS

Mira que din de Galiciencia

``Galiciencia simboliza o mellor que pode facer calquera país: sementar coñecemento entre os máis pequenos``
Alberto Núñez Feijóo

Presidente da Xunta de Galicia

``Impulsando o talento das novas xeracións, estamos construíndo a Galicia innovadora, dixital e sustentable das vindeiras décadas. Grazas, Galiciencia``
Francisco Conde

Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación

``Galiciencia contribúe a espertar as vocacións científicas entre as persoas máis novas e a incentivar o seu espírito creativo``
Patricia Argerey

Directora da Axencia Galega de Innovación

``Con 14 años empecé a asistir a aluas de investigación y fui a mi primera de Ciencias. Ahora soy estudiante de Ingeniería Biomédica. Mi agradecimiento eterno a Galiciencia y las aulas Tecnópole por ayudarme a descubrir mi vocación``
Iria Ollero

Estudante e ganadora de Galiciencia

``Participar en Galiciencia te aporta conocimientos que son útiles en un futuro y eso es maravilloso, además de conocer a gente y proyectos increíbles``
Inés y Laura

Estudante e ganadora de Galiciencia

``Sin duda, una de las mejores decisiones de mi vida ha sido participar en actividades de Ciencia y Tecnología. Gracias a ellas he viajado a multitud de eventos y he crecido como persona. Además, los conocimientos que me ha aportado la experiencia han sido muy útiles. ¡Gracias!``
Miguel Rodríguez

Estudante

``Me encanta la investigación. Cuando llega septiembre ya estoy desaendo empezar a las aulas y pensando que proyecto prepararé ese año``
Jimena Soto

Estudante

``Galiciencia foi e é a oportunidade de estimular o noso alumnado, espertando vocacións e facendo divertida a aprendizaxe da ciencia e a tecnoloxía.``
Equipo Lab Colexio Alborada

``Grazas por inculcarlles aos nosos alumnos que a maioría das ideas fundamentais da ciencia poden facerse comprensibles para todos``
Ana María Otero

Profesora do Colexio Guillelme Brown

Organiza

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Tecnópole alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.

Usamos cookies para mellorar a experiencia.