Consideramos como certa a hipóteses de que as redes sociais manipulan de varios xeitos aos usuarios das mesmas. Para evitar a manipulación, consideramos de gran importancia que as persoas teñan unha clara conciencia de onde están, que teñan unha personalidade ben formada e unha conciencia crítica da realidade. Consideramos que as intelixencias artificiais non son neutrais á hora de avaliar contidos e que tamén inducen no usuario incertezas que poden -incluso- chegar a ser manipulacións claras.
As conclusións do estudo confirman a hipótese inicial e mostran unha elevada presenza de bulos, desinformación e contidos con intención de manipulación ideolóxica nas redes sociais. Durante a análise observouse unha grande actividade en X sobre temas como guerras ou inseguridade. Tamén se comprobou que Grok, a IA asociada a esta rede, clasifica os contidos de forma máis benigna ca ChatGPT. O estudo comparou X e Facebook: a primeira céntrase na actualidade, en publicacións curtas e no debate público, mentres que Facebook prioriza contidos persoais de amigos, familiares e grupos. A investigación limitouse a estas dúas redes, pero abre a posibilidade de ampliar o estudo a outras plataformas.
En canto ás persoas e a súa vulnerabilidade, hai moita diversidade de casos.