Proxecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título do proxecto:

15 Manipúlannos as redes?

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Hipótese

Consideramos como certa a hipóteses de que as redes sociais manipulan de varios xeitos aos usuarios das mesmas. Para evitar a manipulación, consideramos de gran importancia que as persoas teñan unha clara conciencia de onde están, que teñan unha personalidade ben formada e unha conciencia crítica da realidade. Consideramos que as intelixencias artificiais non son neutrais á hora de avaliar contidos e que tamén inducen no usuario incertezas que poden -incluso- chegar a ser manipulacións claras.
Resultados

As conclusións do estudo confirman a hipótese inicial e mostran unha elevada presenza de bulos, desinformación e contidos con intención de manipulación ideolóxica nas redes sociais. Durante a análise observouse unha grande actividade en X sobre temas como guerras ou inseguridade. Tamén se comprobou que Grok, a IA asociada a esta rede, clasifica os contidos de forma máis benigna ca ChatGPT. O estudo comparou X e Facebook: a primeira céntrase na actualidade, en publicacións curtas e no debate público, mentres que Facebook prioriza contidos persoais de amigos, familiares e grupos. A investigación limitouse a estas dúas redes, pero abre a posibilidade de ampliar o estudo a outras plataformas. En canto ás persoas e a súa vulnerabilidade, hai moita diversidade de casos.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 1º Bachillerato
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Luna Ysabel Rosario Rodríguez
Jesús Ángel Novo Zapico
Titor/a

Miguel Leiva Torreiro
Centro

CPR Seminario Diocesano de Lugo - San Lorenzo
Descrición

As redes sociais son unha parte importante da vida diaria porque permiten informarse, comunicarse e compartir opinións. Pero tamén inclúen certas formas de manipulación. Os algoritmos mostran contidos segundo os gustos e interaccións dos usuarios, creando ás veces “burbullas informativas” que limitan unha visión crítica. Ademais, a publicidade personalizada e certas mensaxes emocionais poden influír nas decisións de consumo ou nas opinións políticas e sociais. Outro factor é a presión social xerada polas imaxes idealizadas da vida. Este traballo analiza estas manipulacións estudando os algoritmos das redes mediante IA, e tamén as vulnerabilidades psicolóxicas dos usuarios empregando test e diagramas de Nolan.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.