Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

16 A caixa de Faraday da nosa aula

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

Se construímos unha caixa pechada con materiais condutores adecuados e reducimos ao mínimo as zonas de fuga, entón os teléfonos móbiles gardados no seu interior non recibirán sinal ou verán moi limitada a comunicación co exterior. En consecuencia, ao realizar unha chamada a eses dispositivos, non deberían soar nin mostrar actividade normal de recepción. Tamén formulamos que unha estrutura deste tipo podería resultar útil no contexto escolar como sistema de almacenamento temporal de móbiles durante as clases.
Resultados

Nas probas realizadas comprobamos que os teléfonos gardados no interior da caixa deixaban de recibir sinal ou reducían de forma moi notable a súa capacidade de conexión, de maneira que ao chamalos non soaban con normalidade. Isto indica que a estrutura construída si actúa como barreira fronte ás ondas electromagnéticas. O resultado confirma que a combinación de madeira como soporte e recubrimento con materiais condutores pode ser efectiva se a caixa está ben pechada. Ademais, o sistema de guías impresas en 3D permitiu ordenar os dispositivos e facer máis práctico o seu uso no ámbito da aula.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Lugo
Población: Lugo
Alumnos/as

Iris Guadalupe Gonzales Arias
Alba Aguiar Rouco
Tutor/a

Carlos Hermida Corbal
Centro

Divina Pastora Salesianos Lugo
Descripción

O noso proxecto consiste na construción dunha caixa de Faraday pensada para gardar teléfonos móbiles no ámbito escolar e impedir que reciban sinal mentres permanecen no seu interior. Ao chamar a un dispositivo gardado, este non soa nin recibe comunicacións, o que axuda a reducir distraccións e favorece o cumprimento das normas de uso do móbil na aula. A caixa foi fabricada en madeira e revestida con placas metálicas e papel de aluminio, mentres que as guías interiores para colocar os teléfonos foron deseñadas con TinkerCAD e impresas en 3D con PLA. O traballo foi realizado de forma colaborativa por alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do club de ciencias.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.