A maioría das persoas non adopta medidas de seguridade sinxelas para protexer os seus datos e contrasinais en internet.
O 1º dato foi sorprendente: todas as persoas enquisadas facían algunha acción incorrecta relacionado con estes hábitos sinxelos dos contrasinais. Incluso sabendo que iso facilitaba os ataques dos ciberdelincuentes.
Un 79% usa o mesmo contrasinal para varios servizos co fin de poder memorizar mellor o seu contrasinal.
Moitas persoas (entre un 51% e un 64%) cren que usando os patróns de primeira letra en maiúscula, engadir un ou dous números ao final e un símbolo, xa teñen un contrasinal seguro, pero é un patrón tan común que é unha sensación de falsa seguridade.