A teoría de que os olores despertan sensacións físicas chamou a atención dos rapaces, entón procurouse que sensacións buscaban inducir no público e que necesitaban;
- mazá: confort, tranquilidade
- kiwi: sensación refrescante e dinamizadora, alegre incluso
- menta e ciprés: concentración e claridade mental
- canela e vainilla: acolledora e cálida
- cítricos: optimismo e revitalización
Realmente, a partir da elaboración das fragancias chegouse á conclusión de que:
- é posible crear perfumes de xeito experimental e caseiro
- cada aroma produce sensacións diferentes nas persoas, pola xente que se animou a cheirar os perfumes no centro
- a percepción dos aromas é persoal, xa que cada un ten o seu favorito
- os perfumes foron un experimento satisfactorio para autoestima dos alumnos e para fomentar o seu pensamento científico
- é posible influír nas sensacións e emocións da xente segundo a fragancia que se empregue.