Proxecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título do proxecto:

61 As correntes de Foucault

Tipo de participación: Só online
Resumo do proxecto:
Hipótese

Se un certo material metálico non é atraído por un imán, ao deixalo esvarar sobre a superficie deste, debería acontecer o mesmo que se o deixamos caer por calquer outro tipo de superficie que tampouco é atraída polo imán.
Resultados

Ao deixar esvarar o imán sobre o metal, xorden nestes unhas correntes (chamadas de Foucault) que, segundo a lei de Faraday-Lenz, se opoñen ao aumento do fluxo magnético, inducíndose así unha corrente en sentido contrario que, á súa vez, orixina un campo magnético no seo do metal que se opón ao campo creado polo imán, facendo que este vaia freando a medida que esvara sobre a superficie metálica. Se a superficie pola que esvara o imán non é metálica, non se xeran as ditas correntes (nun non metal non hai movemento de cargas e polo tanto non se orixinan correntes eléctricas), e de aí que o imán non se vexa freado polo campo inducido, xa que o dito campo non existe.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Baio
Alumnos/as

Daniel Mira Lema
Titor/a

Pablo Mira Pérez
Centro

IES Maximino Romero de Lema
Descrición

Trátase de demostrar cal é o motivo polo cal un imán que esvara sobre unha determinada superficie metálica, vai freando a pesar de que o imán non atrae o metal. En xeral estas correntes conlevan perdas de enerxía, mais en certas ocasións, estas perdas son útiles como acontece en sistemas de freado de certas máquinas.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.