Se un certo material metálico non é atraído por un imán, ao deixalo esvarar sobre a superficie deste, debería acontecer o mesmo que se o deixamos caer por calquer outro tipo de superficie que tampouco é atraída polo imán.
Ao deixar esvarar o imán sobre o metal, xorden nestes unhas correntes (chamadas de Foucault) que, segundo a lei de Faraday-Lenz, se opoñen ao aumento do fluxo magnético, inducíndose así unha corrente en sentido contrario que, á súa vez, orixina un campo magnético no seo do metal que se opón ao campo creado polo imán, facendo que este vaia freando a medida que esvara sobre a superficie metálica.
Se a superficie pola que esvara o imán non é metálica, non se xeran as ditas correntes (nun non metal non hai movemento de cargas e polo tanto non se orixinan correntes eléctricas), e de aí que o imán non se vexa freado polo campo inducido, xa que o dito campo non existe.