Proxecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título do proxecto:

19 IGNIS: Sistema de prevención y detección de incendios

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Hipótese

Se de verdade se instalaran os sensores de monoxido de carbono e se explotaran os residuos xerados entón si que teriamos unha diferenza no impacto ambiental que teñen os incendios actualmente, acelerariamos o proceso de deteccion e ademais reforestariamos o bosque dunha maneira máis sinxela.
Resultados

O proxecto permitiu desenvolver un prototipo funcional de detección temperá de incendios baseado na medición de monóxido de carbono, capaz de enviar alertas cando se detectan valores elevados deste gas. Ademais, elaboráronse ladrillos experimentais con cinzas e papel reciclado con sementes, comprobando a súa posible utilidade para a recuperación das zonas queimadas. En conclusión, o proxecto mostra que é posible combinar tecnoloxía e reutilización de residuos para contribuír tanto á prevención dos incendios forestais como á rexeneración do bosque.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: Ourense
Poboación: San Cibrao das Viñas
Alumnos/as

Noa Nogales Sanchez
Natalia González Mora
Titor/a

David Ballesteros Alvarez
Centro

Aulas Tecnópole
Descrición

O proxecto IGNIS céntrase no estudo dos incendios forestais e na procura de solucións para a súa prevención e para a recuperación das zonas afectadas. Este tema é de grande interese debido ao forte impacto ambiental que os incendios provocan, especialmente en Galicia. O obxectivo do proxecto é deseñar un sistema de detección temperá de incendios mediante sensores de monóxido de carbono, así como investigar o reaproveitamento das cinzas para fabricar ladrillos experimentais e papel reciclado con sementes que favorezan a rexeneración do bosque.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.