ORIENTADA A ESTUDANTES DE PRIMARIA, SECUNDARIA E BACHARELATO, ABERTA AO PÚBLICO EN XERAL

A maior feira científica de Galicia

think-800

Accede aos proxectos premiados da edición 2021

Parabéns a todos/as

Non te perdas nada

O programa, ¡Mira todo o que preparamos!

10:30h - 11:30h
Inicio/presentación de Galiciencia online con Espectáculo de Ciencia “O mundo e as pandemias”

Retransmisión online

11:30h
Apertura da visualización de proxectos Galiciencia.online

Retransmisión online

10:00h - 11:00h
"CSI" con David Ballesteros

Taller Primaria - Retransmisión online

11:30h - 12:30h
"Microbioloxía para entender o mundo“ con Andrea Muras

Taller Secundaria - Retransmisión online

10:00h - 11:00h
"Espiando a coroa" con Vicente Mohedano

Taller Secundaria - Retransmisión online

11:30h - 12:30h
“¿Como pode voar un helicóptero en Marte?" con Patricia Barciela e David Viñas

Taller Primaria - Retransmisión online

Comezamos xa!

Benvido a Galiciencia.online a edición 100% online de Galiciencia, agora moito máis aberta, máis participativa e colaborativa.

¿Participaches outros anos en Galiciencia? Non é necesario que participases previamente. ¿Queres participar na nosa edición online? Pois comezamos XA.

A continuación explicámosche por que tes que participar e como tes que facelo.

É moi sinxelo, realizamos uns vídeos explicativos que te guiarán polo proceso, e se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós.

Comezamos.

Reproduce o vídeo

¿E por que vou facer un proxecto de investigación?

É a forma máis divertida de aprender

A ciencia permíteche aprender desfrutando, desenvolver a imaxinación e a creatividade, e proporcionar coñecementos e procedementos útiles na vida cotiá.

Ábreche a porta a novas experiencias

Co teu proxecto podes participar noutras feiras científicas, coñecer novos lugares e conseguir premios polo teu esforzo.

Sé o/a primeiro/a

Os científicos sempre se preguntaron o porqué das cousas, e agora podes ser ti o primeiro en facer novos descubrimentos no campo no que queiras investigar.

¿E AGORA COMO PARTICIPO?

Agora que tes claro que queres participar, preguntaraste como facelo.

Deixámosche unha guía cos catro pasos que debes facer para preparar o teu proxecto. Unha vez listo poderás inscribirte e subir o teu proxecto.

PASO 1

¿Como elixes un tema? Algúns exemplos

Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!

PASO 2

Xa teño tema. ¿E agora?

  • Documéntate e comproba que xa non está feito
  • Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
  • Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo

PASO 3

Xa teño tema. ¿E agora? Parte 2

  • Recollida de resultados
  • Conclusións
  • Bibliografía

PASO 4

¿Como o presento?

  • Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
  • O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
  • Unha vez gravado súbeo a Youtube e envíanos o enlace a través do formulario de inscrición
  • Envíanos un PDF do teu proxecto
  • No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda ¿Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)

CATEGORÍAS DE PREMIOS

Secundaria, Bachillerato e FP

Gañador absoluto

Premio

1000 €

para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2022.

Segundo posto

Premio

500 €

para a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que ten lugar cada ano na primavera en Bilbao.

Terceiro lugar

Premio

200 €

para financiar a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia.

Proxecto coa mellor valoración popular

Premio

Proxecto máis innovador

Premio

Proxecto coa mellor comunicación e presentación oral.

Premio

Proxecto liderado por unha nena e/ou mellor proxecto cuxa temática estea relacionada con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero na contorna da I+D+i.

Premio

¿Tes algunha dúbida?

Revisa as nosas FAQ

Todos os anos enviamos proxectos a Galiciencia, pero este ano na versión online ¿hai que cubrir o formulario e ademais un vídeo de 1 min.?

A participación este ano faise a través da plataforma galiciencia.online, o formulario é parecido, pero un pouco máis lixeiro.

Como este ano a exposición” da feira será online, e será publicada a través da plataforma, necesitamos para expoñer os proxectos, un vídeo explicativo do proxecto (tal e como se explica no formulario), unha imaxe a modo de portada do proxecto, algo significativo, vistoso e un pdf, é dicir, un documento do proxecto que complete a parte explicativa e expositiva do proxecto (isto é o que vai substituír o stand de exposición).

¿Como se organizará a presentación de proxectos durante os días da feira? ¿terán que estar conectados por videoconferencia – ¿todos os días e horas?

Non é necesario. Os proxectos serán mostrados durante os 3 días de feira exclusivamente na plataforma. Non será obrigatorio nin necesario expoñer en directo.

Haberá participación e interacción dalgúns eventos en streaming. Iremos comunicando as datas correspondentes.

¿Como se organizan os talleres/obradoiros? ¿conexións Streaming a unhas horas determinadas?

Haberá emisións en directo dos talleres e algún outro evento como espectáculos de ciencia. Os talleres e eventos tamén se poderán desfrutar despois do directo en vídeo baixo demanda cando se queira.

Os contido dos talleres, que xa está definido, anunciarase en breve e comunicarase a través do newsletter e as redes sociais. Teremos algunha sorpresa relacionada coa participación nos talleres/obradoiros, ¡estade atentos!

¿Existe unha data límite para a presentación de proxectos?

A data límite para a presentación de proxectos é o día 3 de maio

Inscríbete en Galiciencia.online e sube o teu proxecto

¿Todo listo?

¿Queres inspirarte? Visita as edicións anteriores de Galiciencia e mira os proxectos presentados na nosa revista.

Inspiración

ANÍMATE A PARTICIPAR

¿Aínda tes dúbidas? Mira algunhas experiencias dos participantes noutras edicións.

``Con 14 años empecé a asistir a aluas de investigación y fui a mi primera de Ciencias. Ahora soy estudiante de Ingeniería Biomédica. Mi agradecimiento eterno a Galiciencia y las aulas Tecnópole por ayudarme a descubrir mi vocación``
Iria Ollero

Estudante e ganadora de Galiciencia

``Participar en Galiciencia te aporta conocimientos que son útiles en un futuro y eso es maravilloso, además de conocer a gente y proyectos increíbles``
Inés y Laura

Estudante e ganadora de Galiciencia

``Sin duda, una de las mejores decisiones de mi vida ha sido participar en actividades de Ciencia y Tecnología. Gracias a ellas he viajado a multitud de eventos y he crecido como persona. Además, los conocimientos que me ha aportado la experiencia han sido muy útiles. ¡Gracias!``
Miguel Rodríguez

Estudante

``Me encanta la investigación. Cuando llega septiembre ya estoy desaendo empezar a las aulas y pensando que proyecto prepararé ese año``
Jimena Soto

Estudante

``Galiciencia foi e é a oportunidade de estimular o noso alumnado, espertando vocacións e facendo divertida a aprendizaxe da ciencia e a tecnoloxía.``
Equipo Lab Colexio Alborada

Organiza

Usamos cookies para mellorar a experiencia.