Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
O noso proxecto trata sobre a colorimetría. Imos tentar axudar á xente a descubrir a súa colorimetría, que cores lles conveñen mellor segundo os seus trazos e descubrir se poden vestir mellor ou se poden combinar mellor as cores. Falaremos de cores que se adaptan a diferentes tons de pel e cores axeitadas para determinadas estacións. Explicaremos que é a colorimetría, para que se usa e por que pode variar. Tamén falaremos de como se descobre a colorimetría, para que se usa a colorimetría, por que varias persoas poden ter a mesma colorimetría e por que a cor do cabelo inflúe na colorimetría.