Os extractos obtidos de carballo, piñeiro, eucalipto, loureiro e ortiga conteñen compostos alelopáticos capaces de inhibir significativamente a xerminación e o crecemento de malezas, cunha eficiencia comparable a herbicidas comerciais, pero con menor toxicidade para o medio ambiente e organismos non obxectivo.
Os resultados obtidos no presente estudo confirman que a actividade alelopática varía significativamente segundo a especie vexetal analizada. Mentres que os extractos de carballo e loureiro. non mostraron efectos relevantes sobre a xerminación o eucalipto e o piñeiro evidenciaron unha inhibición total do proceso xerminativo, o que suxire unha forte actividade alelopática.
Proponse continuar a investigación centrando o estudo no piñeiro e no eucalipto, profundando na determinación da súa concentración efectiva e avaliando a súa potencia inhibitoria en comparación cun herbicida sintético de uso común.