Se as persoas reciben recompensas, motivación social e información clara sobre o impacto das súas accións, é máis probable que adopten hábitos ecolóxicos e sostibles no seu día a día, especialmente se utilizan unha aplicación como BeEco que promove a reciclaxe e outras accións responsables co medio ambiente.
Espérase que o uso dunha aplicación como BeEco axude as persoas a adoptar hábitos máis sostibles, como reciclar máis ou utilizar medios de transportes menos contaminantes. Ao empregar retos, puntos e recompensas, os usuarios poden sentirse máis motivados para participar e mellorar os seus comportamentos ambientais. En conclusión, unha aplicacion deste tipo podería contribuír a aumentar a conciencia ecolóxica e reducir o impacto ambiental das persoas no seu día a día.