Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

6 Cyberguardia

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

A hipótese deste traballo é que unha parte importante da poboación non ten suficientes coñecementos para identificar estafas ou contidos falsos na internet, especialmente aqueles relacionados coa intelixencia artificial. Por iso pensamos que, se se crea unha ferramenta accesible que explique estes riscos e axude a detectar posibles fraudes, moitas persoas poderán mellorar a súa seguridade dixital e evitar caer en estafas.
Resultados

Tras analizar as enquisas realizadas a persoas de diferentes grupos de idade, observamos que existe interese por aprender máis sobre seguridade na rede e por ter ferramentas que axuden a identificar estafas. Polo que concluímos que moitas persoas necesitan máis información sobre ciberseguridade e intelixencia artificial, e que ter unha app accesible e fácil de usar podería axudar a reducir o risco de caer en estafas. Para solucionar o anterior, desenvolvemos CyberguardIA, que inclúe información, un chatbot especializado e sistemas para detectar posibles estafas. O noso obxectivo é que no futuro esta ferramenta poida axudar a máis persoas a usar internet de forma segura.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Población: As Pontes de García Rodríguez
Alumnos/as

Claudia Bellas Vega
Alicia Fernández Arnoso
Tutor/a

Andrea Patiño Vázquez
Centro

IES Moncho Valcarce
Descripción

O noso proxecto, chamado Cyberguardia, trata sobre a seguridade na rede e o uso responsable da intelixencia artificial. O tema de estudo céntrase en analizar que coñecementos ten a poboación sobre a ciberseguridade e sobre os riscos das estafas en internet. Este tema é moi importante porque cada vez utilizamos máis a tecnoloxía e internet na nosa vida diaria. Ao mesmo tempo tamén aumenta o número de estafas dixitais, roubos de datos e contidos falsos creados con intelixencia artificial, que ás veces son difíciles de identificar. Para investigar isto realizamos enquisas a persoas de diferentes idades, co obxectivo de coñecer o nivel de información que teñen sobre estes perigos. Como resultado do traballo desenvolvemos a nosa aplicación chamada Cyberguardia.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.