Proxecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título do proxecto:

22 Nudo de meiga

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Hipótese

A nosa hipótese é que, se as persoas coñecen os posibles riscos das súas imaxes antes de compartilas, reducirase o risco de exposición de datos persoais.
Resultados

As probas realizadas demostraron que o sistema é capaz de detectar diferentes tipos de riscos presentes nas imaxes, así como indicar cando non existen riscos. Tamén comprobamos que o funcionamento da páxina é rápido e intuitivo, permitindo subir unha imaxe e obter un resultado en poucos segundos. Isto fai que a ferramenta sexa fácil de utilizar por calquera. As probas realizadas con diferentes tipos de imaxes permitiron comprobar que o sistema funciona de maneira estable e que as deteccións son consistentes na maioría dos casos. Nudo de Meiga mostra que a intelixencia artificial pode utilizarse como unha ferramenta para detectar posibles riscos de privacidade nas imaxes.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Ourense
Poboación: O Pereiro de Aguiar
Alumnos/as

María Fernanda Castro Anaya
Carlota Soto Rivas
Titor/a

Bego Ebra Pérez
Centro

Colegio Miraflores Ourense
Descrición

Cada día publícanse millóns de imaxes sen ser realmente revisadas e moitas veces, sen darnos conta, nesas imaxes poden aparecer datos persoais. Debido a isto decidimos crear Nudo de Meiga, unha web que poida axudarche a ver o que ti non poidas e así evitar eses posibles riscos.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.