¿Que é Galiciencia?
Queremos que sintas a ciencia e que a desfrutes durante todo o ano. Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de acercar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.
¿Gustaríache participar? Continúa un pouco máis abaixo.
Edición 2025 | Temática: Neurociencia e saúde mental
¿Que pretendemos en Galiciencia?
Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia.
- Con exposición de proxectos
- Con talleres científicos
- Con espectáculos de ciencia
Fomentar o espírito innovador e emprendedor entre os participantes.
- Coa creación de proxectos
- Mediante talleres específicos
Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas.
- Con desafíos científicos
O EVENTO
¿En que consiste?
Exposición de proxectos
Durante 3 días (8, 9 e 10 de maio) os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira con apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante.
Talleres científicos
Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “Mellor, de Madeira”.
Espectáculos de ciencia
A finalidade desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos, intentando provocar no público unha reflexión sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía e a relevancia de decidir o seu futuro profesional dunha forma libre e sen barreiras físicas nin mentais.
Concurso deseño camiseta
O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.
Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Mellor, de Madeira.
O prazo de presentación dos deseños é desde o 22 de xaneiro ata o 18 de marzo de 2024.
Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Consultar bases de participación.
Concurso Fotografía
O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Mellor, de Madeira.
O prazo de presentación das fotografías é desde o 22 de xaneiro ata o 15 de abril de 2024.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2024
Consultar bases de participación.
Desafío científico
O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.
Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Mellor, de Madeira.
¿E por que vou facer un proxecto de investigación?
É A FORMA MÁIS DIVERTIDA DE APRENDER
A ciencia permíteche aprender desfrutando, desenvolver a imaxinación e a creatividade,
e proporcionar coñecementos e procedementos útiles na vida cotiá.
ÁBRECHE A PORTA A NOVAS EXPERIENCIAS
Co teu proxecto podes participar noutras feiras científicas, coñecer
novos lugares e conseguir premios polo teu esforzo.
SÉ O/A PRIMEIRO/A
Os científicos sempre se preguntaron o porqué das cousas, e agora podes ser ti
o primeiro en facer novos descubrimentos no campo no que queiras investigar.
¿E AGORA COMO PARTICIPO?
Agora que tes claro que queres participar, preguntaraste como facelo.
Deixámosche unha guía cos catro pasos que debes facer para preparar o teu proxecto. Unha vez listo poderás inscribirte e subir o teu proxecto.
PASO 1
¿Como elixes un tema? Algúns exemplos
Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!
PASO 2
Xa teño tema. ¿E agora?
- Documéntate e comproba que xa non está feito
- Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
- Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo
PASO 3
Xa teño tema. ¿E agora? Parte 2
- Recollida de resultados
- Conclusións
- Bibliografía
PASO 4
¿Como o presento?
- Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
- O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
- Unha vez gravado súbeo a Youtube e envíanos o enlace a través do formulario de inscrición
- Envíanos un PDF do teu proxecto
- No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda ¿Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)
CARACTERÍSTICAS
Desfruta aprendendo
Os 6 principios da aprendizaxe en Galiciencia.
Visitantes
á feira
Proxectos presentados
¿Tes algunha dúbida?
Revisa as nosas FAQ
¿Cantos proxectos podo presentar a Galiciencia?
Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos (este límite só para centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP) para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.
Todos os anos enviamos proxectos a Galiciencia, pero este ano ¿hai que cubrir o formulario e ademais un vídeo de 1 min.?
A solicitude de participación este ano faise a través da web de Galiciencia, o formulario é parecido, pero un pouco máis lixeiro. Podes participar presencialmente e online, ou soamente online.
En ambos casos necesitamos para expoñer os proxectos na web de Galiciencia, un vídeo explicativo do proxecto (tal e como se explica no formulario), unha imaxe a modo de portada do proxecto, algo significativo, vistoso e un pdf, é dicir, un documento do proxecto que complete a parte explicativa e expositiva do proxecto.
¿Como se organizará a presentación de proxectos online durante os días da feira? ¿terán que estar conectados por videoconferencia – todos os días e horas?
Non é necesario. Todos os proxectos serán mostrados durante os 3 días da feira, na web de Galiciencia.
Os proxectos que se presenten na modalidade online, non será necesario expoñelos en directo, isto resérvase exclusivamente aos proxectos seleccionados para participar na modalidade presencial.
¿Como se organizan os talleres? ¿conexións Streaming a unhas horas determinadas?
Haberá unha emisión en streaming do espectáculo de ciencia. Irémosvos informando a través da web e das redes sociais.
Os talleres e o espectáculo poderanse desfrutar presencialmente durante os tres días de duración da Galiciencia.
O contido dos talleres, que xa está definido, anunciarase en breve e comunicarase a través da web e as redes sociais.
¿Existe unha data límite para a presentación de proxectos?
A data límite para a presentación de proxectos é o día 18 de marzo.
¿Canto é a duración estimada dunha visita organizada á Galiciencia?
A visita para un grupo de Secundaria ou Bacharelato dura aproximadamente 3 horas e para un grupo de Primaria 2 horas.
¡ANÍMATE, NON TE ARREPENTIRÁS!
Escolle de que maneira queres participar en Galiciencia
O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.
Visita
Podes visitar a Galiciencia
- Para estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato
- Visitar a exposición de proxectos presenciais
- Acceder online á exposición de proxectos
- Visitar os talleres e o espectáculo de ciencia
- Podes participar en streaming no espectáculo de ciencia
Participa con
Proxectos
Presenta o teu proxecto
- Para estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato
- Podes participar de forma presencial e/ou online
- A forma máis divertida de aprender
AS NOSAS RESEÑAS
Mira que din de Galiciencia
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
Tecnópole alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.