EDICIÓN 2024

Xa estamos aquí de novo, arrancamos anunciando as datas da nova edición de Galiciencia que se celebrará con formato híbrido os días 8, 9 e 10 de maio en Tecnópole.

Este ano a temática é “Mellor, de Madeira”, temos moitas cousas preparadas para a nova edición, agardamos con moitas ganas os vosos proxectos innovadores.

COMEZAMOS

O programa, ¡Mira todo o que preparamos!

11:00h - 13:00h
14:00h - 14:55h
Programa de radio Efervesciencia para tod@s. Salón de actos.

Actividade exclusiva para expositores de proxectos de Sec/Bac/FP

14:00h - 14:50h
Taller A aventura de voar para 4º ESO e BAC. Aula Newton Galicia.

Actividade exclusiva para expositores de proxectos de 4º ESO e BAC

15:00h - 17:00h
11:00h - 13:00h
14:00h - 14:50h
Taller A aventura de voar para 4º ESO e Bac. Aula Newton Galicia.

Actividade exclusiva para expositores de proxectos de 4º ESO e Bac

15:00h - 17:00h
11:00h - 13:00h
13:15h - 14:15h

Clausura e entrega de premios

A TEMÁTICA

Mellor, de Madeira

Contido elaborado por: Esther Merlo Sánchez, doutora enxeñeira de Montes. Directora e responsable de I+D+i naempresa Madera+ e Azahara Soilán Cañás, doutora enxeñeira de Montes. Técnica en XERA CIS-Madeira.

A industria forestal-madeira encárgase da implantación, xestión e aproveitamento das masas forestais para a produción de madeira. Esta industria é de grande importancia en Galicia, con dous millóns de hectáreas de superficie forestal, da que son propietarias 700.000 familias, e onde se producen cerca de 10 millóns de m3 de madeira ao ano, a metade da madeira de toda España.

Numerosos profesionais enxeñeiros forestais e enxeñeiros de montes, optimizan a implantación e o desenvolvemento da xestión sostible das masas forestais, e diversas empresas abarcan toda a cadea de valor, desde os viveiros forestais que producen as plantas a partir de semente seleccionada das mellores masas, pasando por empresas de traballos forestais para a preparación do terreo, plantación, podas, e clareos, empresas de aproveitamento de madeira no monte da corta final e transporte ás industrias, e empresas de certificación que aseguran a sostibilidade das plantacións e trazabilidade da madeira na cadea de subministración, ata as empresas responsables da transformación da materia prima nos diferentes produtos para o mercado.

Materia prima por excelencia

A madeira, en si mesma, é a materia prima por excelencia xa que está fabricada polas árbores que, mediante a fotosínteses absorben CO2 da atmosfera e liberan osíxeno. Ten unhas capacidades tecnolóxicas e industriais moi diversas, sendo un material polivalente que permiten o seu uso para infinidade de produtos que satisfán as crecentes necesidades relacionadas coa vivenda, a construción, o mobiliario, os biocombustibles, os medicamentos e outros fins.

É un material renovable, reciclable e reutilizable, que pode substituír ou complementar a moitos outros materiais, cuxa fabricación implica unhas elevadas emisións de gases contaminantes.

O uso de madeira, ademais de promover a restauración de bosques e paisaxes e a loita contra o cambio climático, contribúe a diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en relación coa auga, o carbono e a biodiversidade, así como para xerar riqueza e fixar poboación no rural.

Ideas de proxectos

Inspírate con este PDF de ideas de proxectos

Queres participar con proxectos?

Abrimos os formularios o día 22 de xaneiro

Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos (este límite só para centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP) para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia presencial ou online 2024 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous alumnos/as como máximo e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración. O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tendes que subilo a YouTube e enviarnos o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.

A data para a presentación de proxectos é do 22 de xaneiro ao 18 de marzo de 2024

Queres visitar Galiciencia?

O prazo de inscrición é do 22 de xaneiro ao 18 de marzo do 2024

Poderá visitar a Galiciencia 2024 calquera centro educativo de Galicia.

Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na segunda semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaron. A lista de admitidos será publicada nesta web de Galiciencia (www.galiciencia.com).

Criterios de valoración

Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:

1. Que o colexio presente proxectos (primaria ou secundaria). Preferente.
2. Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía a través de Instagram para secundaría, e desafío ¡Atrévete coa Madeira!).
Para que as fotografías presentadas a través de Instagram se puntúen, estas deberán presentarse antes do peche do prazo para solicitude de visitas (18 de marzo de 2024).

Establecerase un máximo por centro de 50 asistentes e un mínimo de 25, e só poderán dispor de dúas visitas aqueles centros que presenten proxectos para primaria (un autobús de 50 asistentes máximo e 25 asistentes mínimo) e para secundaria (outro autobús de 50 asistentes máximo e 25 asistentes mínimo). O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.

Concurso deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2024

O prazo de presentación dos deseños é desde o 22 de xaneiro ata o 18 de marzo de 2024

Xa temos gañadora do concurso de deseño da camiseta oficial de #galiciencia2024
Chloe Pérez Moreno, alumna de 4º do CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción (Sarria).
O seu mundo ideal é “un mundo de madeira” ENCÁNTANOS!

Desafío Científico

O desafío constará de dúas fases:

1ª Fase non presencial:

Constará de tres retos a realizar a distancia que se remitirán a través da sección da web correspondente a cada un dos retos (sempre dentro do sitio atrevete.galiciencia.com). Para poder superar esta primeira fase, é preciso que participedes na totalidade de retos. Non son excluíntes entre eles (non hai eliminados nin puntuacións para superalos), pero si é requisito indispensable participar nos tres retos iniciais dentro dos prazos marcados para cada reto. Consultar bases de participación.

2ª Fase presencial:

Constará dun reto final que terá lugar o xoves 9 de maio de 11:00h a 12:00h (a concretar) durante a celebración de Galiciencia, e na que participarán os tres grupos mellor valorados de cada categoría na anterior fase.

Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, non tendo opción a participar de forma individual.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán cubrir o formulario previo a resolver o primeiro reto cos seus datos de contacto (especificados nas bases de participación). A resolución do reto 1 dentro do prazo establecido (desde o 22 de xaneiro ao 19 de febreiro do 2024), fai efectiva a inscrición no desafío.

O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.
Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Mellor, de Madeira.

Concurso Fotografía

A TRAVÉS DE INSTAGRAM

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Mellor, de Madeira

O prazo de presentación das fotografías é desde o 22 de xaneiro do 2024 ata o 15 de abril do 2024.

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:

1.    Seguir o Instagram de Galiciencia.

2.    Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2024

3.    Poñer un título á fotografía e o centro educativo ao que pertencen.

 

Usamos cookies para mellorar a experiencia.