Edición 2022
Logo de dous anos realizándose en formato online debido á pandemia, regresou de novo de xeito presencial (aínda que tamén se puido participar de maneira online). Esta 17a edición tivo lugar os días 11, 12 e 13 de maio, coa temática da “Economía Circular” como fío condutor, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que expón a Axenda 2030 de Nacións Unidas para protexer o planeta. Nesta liña, Tecnópole, a través de todas as súas actividades de divulgación científica, céntrase sobre todo na necesidade de actuar para empoderar as mulleres e as nenas e garantir unha educación de calidade.