Participa nos nosos Talleres de Primaria

Ampliamos a data de inscrición de talleres e espectáculo científico ata o 6 de maio.

¿Como pode voar un helicóptero en Marte?

Imparten: Patricia Barciela e David Viñas.

Horario taller

28 de maio | 11:30h a 12:30h

Temática e contidos

Este taller inspírase na misión Mars2020 da NASA, que lanzou e aterrou con éxito o rover Perseverance en Marte. A NASA utilizará o rover para recoller datos que sirvan de base para demostrar que Marte albergou algunha vez vida en forma de organismos microscópicos. O que fai que a misión Mars2020 sexa aínda máis emocionante é a esperanza de lograr o primeiro voo con motor noutro planeta. Os científicos e enxeñeiros da NASA porán a proba o seu deseño do helicóptero Ingenuity Mars en Marte, que inclúe manobrar o Ingenuity fóra do rover, conseguir que o Ingenuity non se arrefríe (a temperatura nocturna de Marte pode alcanzar os -73ºC), cargar a batería do Ingenuity utilizando o panel solar adxunto, e facer voar o Ingenuity (cada voo dura ¡90 segundos!)

Actividades

No taller realizaremos a coñecida actividade do helicóptero de papel e  situarémola no contexto do deseño de enxeñería. O alumnado comeza comparando deseños de helicóptero habituais, do Ingenuity Mars e das sementes “helicópteros” dalgunhas árbores.

Metodoloxía

Utilizando preguntas sobre como as aspas permiten que os helicópteros voen, os estudantes profundan na ciencia e a enxeñería. Tamén utilizan ferramentas do proceso científico e tecnolóxico como a busca de patróns ou as relacións de causa e efecto para dar sentido a como a resistencia do aire axuda a explicar o funcionamento dos helicópteros.

Lista de materiais

Para participar neste taller é importante que teñas preparados a seguinte lista de materiais.
  • Descargar modelo de helicóptero de papel impreso en papel normal. Dous modelos como mínimo por estudante. Recoméndanse 4-5 para probar diferentes tipos de papel.
  • Tesoiras.
  • Lapis.
  • Regras ou cinta métrica.
  • Cronómetros.
  • Variedade de papel de tamaño o suficientemente grande para que caiba o modelo (papel normal, papel encerado, cartolina, carpeta de arquivos, papel de seda, etc.)
  • Dispositivo para facer vídeo.

CSI

Imparte: David Ballesteros

Horario taller

27 de maio | 10:00h a 11:00h

Temática e contidos

Existe unha importante relación entre ciencia e tecnoloxía e investigación policial. Durante o taller, imos converternos en policías da unidade CSI e resolver a misteriosa desaparición dunha torta.

Actividades

Partindo desa premisa, levaremos a cabo un conxunto de actividades que nos permitirán ir coñecendo a importancia da ciencia na investigación forense. O conxunto de probas que desenvolveremos serán:

  • Recollida e clasificación de probas.
  • Extracción de impresións dixitais e análise da súa xeometría.
  • Identificación de rastros ocultos utilizando luz ultravioleta.
  • Análise cromatográfica de mostras de bolígrafos.
  • Elaboración dun retrato robot de forma conxunta.
  • Análise de rastros de sangue (falso) e pegadas de zapatos.

Metodoloxía

Tras cada proba, descartaremos sospeitosos e sospeitosas e iremos pechando o noso círculo ata atopar a mente criminal que fixo desaparecer a nosa torta.

Kit Taller

Os primeiros colexios que se inscriban recibirán un Kit de materiais para participar de forma interactiva na emisión en directo. ¡Bule que se acaban!

Será necesaria unha copia por alumno/a de cada descargable podendo ser en branco e negro; posto que o obxectivo é que observen a xeometría das gotas e a forma das pegadas.
Para a realización da cromatografía precisamos un bolígrafo bic azul, alcohol (un litro é máis que  suficiente) e recipientes para botalo (o ideal son tapas de frascos de vidro).
Usamos cookies para mellorar a experiencia.