Proxecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título do proxecto:

49 AleloStop

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Hipótese

Os extractos obtidos de carballo, piñeiro, eucalipto, loureiro e ortiga conteñen compostos alelopáticos capaces de inhibir significativamente a xerminación e o crecemento de malezas, cunha eficiencia comparable a herbicidas comerciais, pero con menor toxicidade para o medio ambiente e organismos non obxectivo.
Resultados

Os resultados obtidos no presente estudo confirman que a actividade alelopática varía significativamente segundo a especie vexetal analizada. Mentres que os extractos de carballo e loureiro. non mostraron efectos relevantes sobre a xerminación o eucalipto e o piñeiro evidenciaron unha inhibición total do proceso xerminativo, o que suxire unha forte actividade alelopática. Proponse continuar a investigación centrando o estudo no piñeiro e no eucalipto, profundando na determinación da súa concentración efectiva e avaliando a súa potencia inhibitoria en comparación cun herbicida sintético de uso común.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Ponte Caldelas
Alumnos/as

Héctor Abal Martínez
Andrés Fentanes Rivas
Titor/a

Andrea Vázquez Rodríguez
Centro

IES Ponte Caldelas
Descrición

O proxecto AlelopStop estuda a alelopatía, un fenómeno polo que certas plantas liberan compostos capaces de inhibir o crecemento doutras especies. Este tema resulta de interese pola procura de alternativas naturais e sostibles para o control de malezas na agricultura. O obxectivo do estudo é avaliar o potencial inhibitorio de extractos de carballo, piñeiro, eucalipto, loureiro e ortiga. Para iso realizáronse ensaios de xerminación con sementes de leituga en condicións controladas.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.