O prazo de inscrición é do 27 de xaneiro ao 17 de marzo do 2025
Queres visitar Galiciencia?
Poderá visitar a Galiciencia 2025 calquera centro educativo de Galicia.
Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na segunda semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaron. A lista de admitidos será publicada nesta web de Galiciencia (www.galiciencia.com).
Criterios de valoración
Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:
- Que o colexio presente proxectos (primaria ou secundaria). Preferente.
- Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía a través de Instagram para secundaría, e desafío ¡Atrévete coa Neurociencia e saúde mental!).
Para que as fotografías presentadas a través de Instagram se puntúen, estas deberán presentarse antes do peche do prazo para solicitude de visitas (17 de marzo de 2025).
Establecerase un máximo por centro de 50 asistentes e un mínimo de 25, e só poderán dispor de dúas visitas aqueles centros que presenten proxectos para primaria (un autobús de 50 asistentes máximo e 25 asistentes mínimo) e para secundaria (outro autobús de 50 asistentes máximo e 25 asistentes mínimo). O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.