¿Que é Galiciencia?
Queremos que sintas a ciencia e que a desfrutes durante todo o ano. Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de acercar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.
¿Gustaríache participar? Continúa un pouco máis abaixo.
Podes ver os ganadores da edición online 2021 así como os talleres
¿Vas perderte isto?
¿Que pretendemos en Galiciencia?
Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia.
- Con exposición de proxectos
- Con talleres científicos
- Con espectáculos de ciencia
Fomentar o espírito innovador e emprendedor entre os participantes.
- Coa creación de proxectos
- Mediante talleres específicos
Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas.
- Con desafíos científicos
O EVENTO
¿En que consiste?
Exposición de proxectos
Durante 3 días os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira con apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante.
Talleres científicos
Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “A innovación Pos-Covid a través da revolución do talento”.
Espectáculos de ciencia
A finalidade desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos, intentando provocar no público unha reflexión sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía e a relevancia de decidir o noso futuro profesional dunha forma libre e sen barreiras físicas nin mentais.
Concursos
Para incentivar a participación do maior número de centros de ensinanza posible na Galiciencia desenvolveranse dous concursos.
O concurso de debuxo está dirixido a alumnado de Primaria e Educación Especial. Co obxectivo principal de escoller un debuxo que irá plasmado na camiseta oficial de Galiciencia.
Nesta edición de Galiciencia online non haberá concurso de debuxo.
O concurso fotográfico a través de Instagram irá destinado a estudantes e docentes de Secundaria, Bacharelato e FP.
Desafíos Científicos
Dirixido a estudantes dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º), Secundaria e Bacharelato, que conformarán as tres categorías a través das cales se pode participar. Ten dúas fases: 1ª fase non presencial, consiste en realizar tres desafíos científicos online que se enviarán por correo electrónico para a súa valoración. A 2ª fase presencial, consta dun desafío final que terá lugar o último día de Galiciencia e na que participarán os tres grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase, e da que sairán os gañadores absolutos por categoría.
Nesta edición de Galiciencia online non haberá desafío científico. Pero podes consultar os materiais dos anteriores desafíos no apartado de Últimas edicións.
BENJAMÍN FRANKLIN
DIME E ESQUÉZOO, ENSÍNAME E RECÓRDOO, INVOLÚCRAME E APRÉNDOO
Podes participar en galiciencia de moitas maneiras.
CARACTERÍSTICAS
Desfruta aprendendo
Os 6 principios da aprendizaxe en Galiciencia.
Visitantes
á feira
Proxectos
presentados
¡ANÍMATE, NON TE ARREPENTIRÁS!
Escolle de que maneira queres participar en galiciencia
Online de maneira virtual
Visita
Podes visitar a galiciencia e desfrutar dos talleres.
- Acceso online a todas as exposicións de proxectos
- Acceso aos vídeos de talleres
- Podes ver en directo o espectáculo de ciencia
Participa con
Proxectos
Presenta o teu proxecto na plataforma da galiciencia.
- Para estudantes de primaria, secundaria e bacharelato
- A forma máis divertida de aprender
- Posibilidade de participar noutros eventos como galiciencia
¿Queres ser colaborador de Galiciencia?
Axúdanos a levar a cabo a divulgación científica. Non o dubides, a túa empresa ou negocio debe estar aquí.
AS NOSAS RESEÑAS
Mira que din de Galiciencia
Galiciencia simboliza o mellor que pode facer calquera país: sementar coñecemento entre os máis pequenos
Felicito á Xunta polo seu apoio á Galiciencia porque para os meus alumnos foi un incentivo participar e crear cousas novas
Grazas por inculcarlles aos nosos alumnos que a maioría das ideas fundamentais da ciencia poden facerse comprensibles para todos