Información
Data: 26 de abril
Hora: 11:00-12:30h
Lugar: Auditorio de Ourense
Prezo: Gratuíto con reserva
Dirixido a: Público xeral (a partir de 12 anos)
Apertura de inscricións: 10 de abril
Peche de inscricións: Ata completar aforo (210 prazas)
Cerebrum
Descubre os misterios do cerebro nun show único
Mergúllate nunha experiencia fascinante onde a ciencia e o teatro se fusionan para explorar o órgano máis complexo do corpo humano:
o cerebro.
O neurocientífico Casto Rivadulla e o actor apaixonado pola ciencia Vicente Mohedano convídannos a un espectáculo que non é só unha charla nin só unha obra de teatro… é moito máis.
Como funciona o noso cerebro?
Como construímos a realidade?
Podemos adestralo para superar as súas limitacións?
A través dunha combinación de rigor científico, humor e dramatización, “CEREBRUM” levarate nunha viaxe apaixonante pola mente humana, onde a curiosidade é a protagonista.
Relatores

Casto Rivadulla
Catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña e coordinador do grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom).

Vicente Mohedano
Actor con formación en Bioloxía, especializado en divulgación científica a través do teatro.
Un espectáculo para aprender, sorprenderse e ver a neurociencia como nunca antes a imaxinabas. Non o perdas!