Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
O traballo Xabón: natural ou artificial?, consiste en elaborar xabón de maneira sinxela e práctica.
Primeiro, derretimos a glicerina no microondas ata que queda líquida. Despois, engadimos unhas pingas de aceite esencial para darlle aroma. A continuación, vertemos a mestura en moldes de silicona e deixámola arrefriar ata que solidifique.O resultado é un xabón estupendo, moi útil para a hixiene diaria.