O cerebro: unha máquina extraordinaria
Espectáculo de ciencia
Espectáculo de ciencia
Con David Ballesteros
Sesión de vídeo streaming o xoves 15 de maio de 11:00 a 12:00h. 50 minutos.
Alumnado de Secundaria/Bachillerato/FP
Salón de actos, planta soto do edificio CEI.
O cerebro é unha máquina extraordinariamente eficiente que nos define como seres humanos. Pero, ¿que sabemos realmente sobre el?
A través dunha aproximación teórica inicial, somerxerémonos nunha serie de experimentos que nos permitirán explorar temáticas apaixonantes relacionadas con nós mesmos e coa nosa percepción da realidade. Probaremos alimentos de sabores misteriosos, observaremos as nosas ondas cerebrais e descubriremos a fascinante neurociencia que se esconde tras sentimentos como o amor.


En directo a través da canle de Youtube do Parque. Aconsellámosvos que antes vos aseguredes de non ter bloqueado o acceso a Youtube no voso centro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!