Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia online 2021 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración. O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tedes que subilo a Youtube e enviarnos o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.
FINALIDADE
Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.
PARTICIPANTES
Poderán participar na exposición online de proxectos os centros educativos de primaria e educación especial así como secundaria, bacharelato e FP de toda España.
A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.
INSCRICIÓN
A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario de inscrición.
Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a segunda semana de maio.
EXPOSICIÓN
Os proxectos seleccionados exporanse na plataforma online de proxectos da Galiciencia online 2021.
PREMIOS
Soamente os proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP competirán polos premios da Galiciencia a través da valoración por parte dun xurado multidisciplinar.
O alumnado e docentes seleccionados para participar con proxectos recibirán un diploma así como material promocional da Galiciencia online 2021.
ACEPTACIÓN
A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.