Partimos da idea de que crear un museo virtual interactivo pode facer que máis persoas se interesen polo patrimonio arqueolóxico das Pontes. Pensamos que utilizar imaxes, modelos en 3D e realidade virtual fai que a información sexa máis fácil de entender e máis atractiva para quen a visita. Por iso cremos que, se presentamos os datos arqueolóxicos nun espazo dixital interactivo, será máis sinxelo que a xente coñeza mellor a historia do noso concello e valore a importancia de conservar este patrimonio.
No momento de presentación deste proxecto, estamos pendentes de recibir aprovación por parte do Concello da nosa vila para promocionalo, e estamos realizando enquisas á nosa comunidade para avaliar os seus coñecementos respecto da arqueoloxía e dos elementos que nos rodean.
Como resultado do proxecto desenvolveuse un museo virtual interactivo que recolle información sobre diferentes elementos do patrimonio arqueolóxico das Pontes. O espazo inclúe paneis explicativos, modelos tridimensionais e recursos visuais que permiten ao visitante explorar os contidos dun xeito dinámico. A experiencia foi presentada a outros estudantes do centro, que puideron coñecer aspectos da historia local que descoñecían. Ademais, o museo virtual constitúe un recurso educativo que pode ser utilizado nas aulas e mediante lentes de realidade virtual para facilitar a aprendizaxe sobre o patrimonio histórico.