Respecto as árbores pirófitas, ao principio do proxecto había unha clara idea sobre que das dúas madeiras, a máis resistente conforme a combustión sería a palmeira, polas súa elevada humidade, aínda que era moi escasa en Galicia. Respecto á sobreira, pénsase que sería a segunda mellor respecto a combustión, pola súa illante cortiza. Ademais era abundante en Galicia, facendo que claramente sexa a madeira pola que apostar. Respecto ao salgueiro, pénsase que tiña unha fácil combustión, xa que posuía unha fina cortiza e é unha madeira moi seca.
Os resultados obtidos mostraron que a sobreira, despois da combustión, presenta unha porcentaxe de carbonización moi inferior ao resto de especies, así como unhas emisións de CO2 moi inferiores ás demais. Neste resultados, obsérvase que a cortiza da sobreira xoga un papel importante no illamento térmico, pero que tamén sen ela a madeira da sobreira é moi resistente ao lume.
Con respecto á palmeira, a súa carbonización foi lixeiramete menor que no salgueiro, e a liberación de CO2 foi moi inferior. Isto débese á súa maior humidade, a cal retrasou a combustión da mostra.
Por último, no salgueiro a carbonización foi a máis alta e a liberación de CO2 foi moito máis elevada que nas outras especies.
Polo que se conclúe que se acepta a hipótese de partida.