Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

28 Orte-Game

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Deseño e construción dunha máquina recreativa tipo ARCADE.
Hipótese

Quérese conseguir unha máquina perfectamente funcional que emule as antigas máquinas recreativas de videoxogos. É un proxecto pensado para o tempo de lecer, pero pénsase que con el: • se vai conseguir iniciarse no ámbito da carpintería, empregando distintas ferramentas e técnicas de traballo. • tamén se vai aprender cousas novas de electricidade e electrónica. • conseguirase realizar un prototipo final co que poder pasalo ben no tempo libre.
Resultados

Unha vez construído o proxecto compróbase o seu correcto funcionamento e resólvense todos aqueles problemas que foron xurdindo ao longo do mesmo. O resultado final está colocado na Aula - Taller de Tecnoloxía do IES de Ortigueira. Despois de traballar neste proxecto puidéronse extraer as seguintes conclusións: • A partir dunha idea púidose traballar nun proxecto tecnolóxico co que se aprenderon moitas cousas novas. • Levar un xornal de traballo, facendo apuntamentos dos problemas atopados, é moi importante á hora de traballar nun proxecto tecnolóxico. • Traballando en equipo, con respecto e cunha boa organización, púidose chegar máis lonxe e dun xeito máis eficiente.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: bacharelato
Provincia: A Coruña
Poboación: Ortigueira
Alumnos/as

Ana Pita Romero
Carlos Morán Soto
Titor/a

Pablo Argüeso Alejandro
Centro

IES de Ortigueira
Descrición

O principal obxectivo deste proxecto é o de deseñar e construír unha máquina recreativa tipo ARCADE empregando distintos tipos de madeira. A partir del xorden outros propósitos transversais, como por exemplo: • participar activamente e de forma adecuada no deseño e construción da máquina. • adquirir soltura no manexo de distintas ferramentas de traballo da madeira. • iniciarse no ámbito eléctrico e electrónico, participando na montaxe dos circuítos necesarios.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.