Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

29 Pian-Ort

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Deseño e construción dun piano xigante de chan empregando distintos tipos de madeira. Cando se preme unha tecla do piano emítese unha nota musical e a tecla ilumínase coa cor correspondente á nota.
Hipótese

O deseño e construción deste piano de madeira axudará á estimulación sensorial dos máis pequenos, xa que aprenderán a distinguir as distintas notas musicais, recoñecerán as distintas cores asociadas a cada nota e poderán recoñecer distintas texturas asociadas aos diferentes tipos de madeira empregados na construción do mesmo. Pero non só iso, senón que tamén servirá como actividade de inclusión, xa que o feito de que as persoas maiores ou con discapacidade motriz o poidan empregar axudará a conseguir o seu benestar emocional.
Resultados

Unha vez construído e comprobado o correcto funcionamento do piano, tocou a parte máis divertida de todas: a difusión do proxecto. Fooise aos colexios CEIP José María Lage (Ortigueira) e CEIP Francisco López Estrada (Mañón) a mostrarlles o piano e tocáronse varias cancións con el. Ademais, os nenos e nenas dos colexios puideron comprobar o divertido que é aprender música tocando o piano cos pés, piano feito coa MADEIRA das árbores. Pareceu un proxecto moi interesante e construtivo polas seguintes razóns: • Traballo en equipo: falando e expoñendo as cousas conséguense solucións máis axeitadas. • Inclusión: construiuse un piano utilizable pola maior parte das persoas. • Forma distinta de aprender: construíndo, programando e tocando aprendéronse cousas novas.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso:4º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Ortigueira
Alumnos/as

Andrea Rey Martínez
Irá Siham Et-Taouil
Titor/a

Diego Calvo Hermida
Centro

IES de Ortigueira
Descrición

Somos dúas alumnas de 4º ESO do IES de Ortigueira.Cursamos como materia optativa Tecnoloxía e formamos parte do Club de Ciencias do IES de Ortigueira, club no que participa un número elevado de rapaces e rapazas de distintas idades. Entre outras cousas, temos en común o gusto pola música, e en especial, a de piano. Pensamos que é unha forma de evadirnos e de distraernos e encantaríanos achegar a nosa afección ao maior número posible de persoas, pero dunha forma distinta e atractiva, polo que comezamos a pensar como poderíamos conseguilo. E xurdiu este proxecto, no que traballamos distintas disciplinas: técnicas de traballo da madeira, electricidade e electrónica, programación de placas Arduíno, traballo con resinas, linguaxe musical,...
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.