Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

27 Estudo comparativo da combustión de especies pirófitas

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Comparación da resistencia á combustión de dúas especies pirófitas (sobreira e palmeira) e unha non pirófita (salgueiro).
Hipótese

Respecto as árbores pirófitas, ao principio do proxecto había unha clara idea sobre que das dúas madeiras, a máis resistente conforme a combustión sería a palmeira, polas súa elevada humidade, aínda que era moi escasa en Galicia. Respecto á sobreira, pénsase que sería a segunda mellor respecto a combustión, pola súa illante cortiza. Ademais era abundante en Galicia, facendo que claramente sexa a madeira pola que apostar. Respecto ao salgueiro, pénsase que tiña unha fácil combustión, xa que posuía unha fina cortiza e é unha madeira moi seca.
Resultados

Os resultados obtidos mostraron que a sobreira, despois da combustión, presenta unha porcentaxe de carbonización moi inferior ao resto de especies, así como unhas emisións de CO2 moi inferiores ás demais. Neste resultados, obsérvase que a cortiza da sobreira xoga un papel importante no illamento térmico, pero que tamén sen ela a madeira da sobreira é moi resistente ao lume. Con respecto á palmeira, a súa carbonización foi lixeiramete menor que no salgueiro, e a liberación de CO2 foi moi inferior. Isto débese á súa maior humidade, a cal retrasou a combustión da mostra. Por último, no salgueiro a carbonización foi a máis alta e a liberación de CO2 foi moito máis elevada que nas outras especies. Polo que se conclúe que se acepta a hipótese de partida.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso:1º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Santiago de Compostela
Alumnos/as

Iago Calvelo Fontenla
Mateo Leránoz Rubido
Titor/a

Antonio González Méndez
Centro

IES Arcebispo Xelmírez I
Descrición

Empregáronse diversos materiais, como unha botella de plástico, unha balanza electrónica, unha placa de pedra e un medidor de dióxido de carbono. Foron recollidas mostras de dúas especies pirófitas (Quercus suber e Phoenix canariensis) e unha non pirófita (Salix atrocinerea), medindo a súa humidade tras secado a 75ºC. Realizáronse queimas controladas de tres minutos para cada mostra, avaliando os resíduos xerados e a carbonización, e medindo a liberación de CO2 utilizando un sensor Vernier.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.