Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

36 Efecto da resinación nas interaccións ecolóxicas

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Investigarase en tres parcelas de Pinus pinaster, instalando eirugas falsas de plastilina, para comprobar se a resinación provoca cambios na depredación por aves, mamíferos e artrópodos.
Hipótese

A resinación de masas de Pinus pinaster emite substancias volátiles que ten implicacións ecolóxicas, concretamente provoca cambios nas relacións depredador - presa de diferentes grupos de animais.
Resultados

O traballo consta de varias etapas, que se detallan na temporalización; a obtención de resultados está condicionada polos ciclos naturais dos animais; a fase da metamorfose dos insectos “presa” (as eirugas) acada o seu óptimo durante a primeira quincena do mes de abril; esto condiciona a fase experimental e explica que os datos serán recollidos o día 17 de abril. Polo motivo exposto no apartado anterior, non se disporá das conclusións definitivas ata a semana do 25 e 29 de abril. Aínda que hai estudos similares, as innovacións propostas neste proxecto (usar eirugas de 4 cores, fronte a unha única cor verde das eirugas falsas en traballos previos) incrementan o nivel de complexidade e fan que a proposta sexa moi interesante. Presentaranse resultados e conclusións en Galicienca.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso:4º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Mosteiro, Meis
Alumnos/as

Aroa Gómez Barros
Irene Gómez Barros
Titor/a

Camilo Ojea Bouzo
Centro

CPI Mosteiro-Meis
Descrición

Elaborarase e colocarase durante quince días 384 eirugas de 4 cores diferentes e observaranse as marcas deixadas por potenciais depredadores, comparando zonas resinadas e non resinadas. Analizaranse os datos e compararanse con estudos similares noutro tipo de masas forestais. Como innovación: probouse con eirugas falsas de 4 cores (estudos previos só o facían con plastilina de cor verde).
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.