Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

46 Tecnoloxía iónica aplicada a drons

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
Este proxecto consiste en fabricar un dron propulsado por motores iónicos, unha tecnoloxía emerxente que emprega campos eléctricos para impulsar partículas cargadas e xerar un impulso.
Hipótese

É posible a implementación de motores iónicos en cuadricópteros para empregar dentro da atmosfera para reducir a contaminación acústica favorecendo o seu emprego en medios naturais? O que se pretende é demostrar que a tecnoloxía iónica á factible na propulsión de cuadricópteros o cal melloraría a eficiencia dos actuais e reduciría o impacto acústico dos ditos aparellos, algo de vital importancia xa que o ruído é o segundo factor ambiental máis importante que causa problemas de saúde despois da contaminación do aire, segundo a OMS e a ONU que consideran a contaminación acústica urbana como unha das <> do mundo.
Resultados

É posible empregar a tecnoloxía de propulsión iónica en cuadricópteros mellorando os niveis de contaminación acústica e aumentando a súa eficiencia con respecto aos cuadricópteros de hélices convencionais. Pola súa contra ten un maior consumo enerxético e mostra máis inestabilidade, aspectos que se terán que desenrolar en futuras investigacións.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Pontevedra
Poboación: Cangas de Morrazo
Alumnos/as

Daniel Paz Paz
Tomás Rodríguez Loira
Titor/a

Tomás Rodríguez Sánchez
Centro

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal
Descrición

O obxectivo do proxecto e demostrar a viabilidade da tecnoloxía iónica na propulsión de drons. Para lograr este obxectivo fabricarase un prototipo de dron esta tecnoloxía para a súa propulsión. O noso prototipo construirase empregando uns condensadores asimétricos que ionizarán o aire circundante e xerarán o impulso necesario para que o dron se eleve. O dron terá unha estrutura livián e aerodinámica para minimizar a resistencia do aire e maximizar a eficiencia da propulsión. Finalmente analizaranse os resultados das probas para avaliar viabilidade da tecnoloxía iónica na propulsión de drons e proporanse posibles melloras do prototipo.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.