Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

13 Sistema de prevención de inundaciones mediante sensores electrónicos de superficie

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Este proxecto estuda e difunde aspectos da dinámica atmosférica en España e propón unha solución a un problema que se está a producir con frecuencia e intensidade cada vez maior, como son as inundacións.
Hipótese

7. HIPÓTESE Realizando un modelo mostrarase unha simulación da realidade, anticipando o sinal de alerta ás zonas afectadas. 8. MATERIAL E MÉTODOS Simularase unha treboada na cabeceira da cunca onde se sitúan os sensores electrónicos deseñados previamente e enviarase un sinal que activará un sistema de alerta acústica nas zonas vulnerables.
Resultados

RESULTADOS. O resultado obtido e comprobado é que con este sistema de alerta poderíase avisar previamente aos potencialmente afectados para que abandonen a zona de risco ou adopten as medidas oportunas, previamente establecidas mediante plans educativos e de sensibilización. Non depende dun sinal vía teléfono, situacións como falta de cobertura, problemas técnicos ou escasa competencia dixital estarían igualmente protexidas. A zona potencialmente afectada sería avisada mediante sinais acústicos. O sistema cambia de paradigma non se informa a xente mediante medios técnicos, senón que se xera un sinal de perigo na zona exposta. CONCLUSIÓNS. Ao investigar descubriuse que esta idea non é nova, xa que foi empregado por moitas xeracións ante a presenza de perigos.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 1º Bachillerato
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Nicolás Escribano Fuerte
Sergio Grandío Gómez
Titor/a

César Gómez Cabanas
Centro

Centro Educativo Galén
Descrición

4.INTRODUCIÓN. O tema de estudo é o impacto real do cambio climático en forma de inundacións e riadas e unha posible solución naquelas zonas de alta exposición, vulnerabilidade e risco. 5. OBXECTO A finalidade é dar solucións técnicas a un problema real como son os fenómenos meteorolóxicos extremos, concretamente as inundacións e as riadas en zonas de escasa vexetación, permeabilidade e alta pendente. 6. ESTUDO A motivación nace da conciencia creada pola problemática que se produciu na comunidade valenciana e da necesaria solidariedade xurdiu.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.