Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

35 Xardineira virtual

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Maceta que monitoriza as condicións idóneas para manter unha planta e axudar así aos propietarios máis inexpertos.
Hipótese

¿Pódese crear un sistema que monitorice as condicións dunha planta e poida realizar avisos ao propietario da mesma nos momentos nos que necesite da súa atención?
Resultados

Como se esperaba a hipótese funcionou e todos os sistemas funcionan de forma correcta de acordo coa idea previa. Agora mesmo encóntrase nunha fase de probas para encontrar posibles defectos e seguir coas melloras. Ademais estívose pensando noutras suxestións de coñecidos, como a mellora estética do sistema. Tamén probamos o seu uso con distintas persoas de distintas idades, deixando unha planta ao seu coidado durante un período de tempo. En resumo o prototipo funciona correctamente pero quérese seguir traballando activamente nel.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso:3º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Vigo
Alumnos/as

Mateo Dacruz López
Iago Alonso Boente
Titor/a

Diego Castro González
Centro

Compañía de María
Descrición

O proxecto consiste nunha maceta dotada de sensores programados co software propio de Arduino. Esta maceta tería unha planta de tamaño pequeno ou mediano que estaría monitorizada por varios sensores: de temperatura, de humidade tanto captando a humidade ambiental como a da terra, un sensor de luz ou fotorresistencia que captara a cantidade de luz que recibe a planta, un buzzer que alertará cun son dun posible mal estado da planta e unha pantalla LCD onde se retransmitirán os datos da planta xunto e mostrando un “sinal” dependendo do estado actual da planta e das súas necesidades. Ademais estase a traballar para conseguir implementar un “bot” de Telegram que avise cando a planta necesite atención e incluso a implementación de intelixencia artificial no tratamento de datos.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.