Galiciencia 2020 Tecnópole Parque Tecnolóxico de Galicia proyectos@galiciencia.online Telf.: 988 368 100
Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria
Título do proxecto:
20 Potencia forestal do Courel
Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Analízase a potencialidade que ten O Courel como potencia forestal sen abandonar o seu papel como reserva botánica de Galicia.
Hipótese
É viable ter outro modelo de explotación forestal en Galicia e no Courel.
Resultados
Coñécense as diferentes especies de árbores do Courel, as características das súas madeiras.
Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0/5
Your page rank:
Curso:2º ESO
Provincia:Lugo
Poboación: Seoane do Courel
Alumnos/as
Aitana Zerimar Méndez Ramírez
Ariadna López López
Titor/a
Lourdes González Sotelo
Centro
CPI Poeta Uxío Novoneyra
Descrición
O aumento de vagas de calor intensas, xunto con periodos de seca prolongados e bosques densos de eucaliptos e piñeiros, poden provocar lumes moi potentes e intensos. Esto incluso pode derivar en tormentas de lume que son equiparables a unha erupción volcánica moderada.
Na Península Ibérica e en Galicia debemos adaptarnos ante escenarios de incendios máis frecuentes e intensos. A medida que teñamos veráns máis longos e máis secos, aumentarán as probabilidades dos lumes. Hoxe en día, xa hai científicos que aseguran que certas paisaxes van arder, máis tarde ou máis cedo. Continuar realizando plantacións de piñeiro e eucalipto son riscos que non se deberían consentir pola nosa supervivencia.
É necesaria unha mellor xestión dos nosos montes.