Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

14 Descubrindo a robótica colaborativa mediante os cobots

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
O proxecto pretende dar a coñecer o que significa a robótica colaborativa aplicada ao mundo da aeronáutica.
Hipótese

Espérase que a robótica colaborativa teña cada vez máis importancia na sociedade e máis especificamente no mundo da aviación.
Resultados

Crearase inicialmente un pequeno entorno que simule o lugar onde os auxiliares de voo enchen os carros. Nese punto, iranse colocando aleatoriamente os dous tipos de produtos que se deben cargar nos carros, detectarase a presenza dos ditos produtos mediante os correspondentes sensores e o robot colocaraos no seu lugar. Se se cambia o modo de funcionamento, na pantalla do robot permitirase a selección de produto mediante código numérico. Unha vez seleccionado, o robot collerá o produto correspondente e presentarao para que o usuario o colla. Cando o usuario agarre o produto, o robot detectará a presión que se exerce e soltarao, para así comezar un novo despacho.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Ourense
Poboación: O Carballiño
Alumnos/as

Hugo Pereira Fernández
Adrián Fariña Molares
Titor/a

Javier Fondevila Gómez
Centro

IES Manuel Chamoso Lamas
Descrición

Manexarase un cobot (robot colaborativo) que é capaz de levar a cabo accións de subministro de material, alimentos, bebidas, etc. aos pasaxeiros dun avión ou incluso realizar tarefas de almacenaxe de caixas ou maletas na súa bodega. A idea é amosar algúns dos servizos que un robot destas características pode proporcionar á industria aeronáutica.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.