A nosa hipótese é que tras usar, tocar e ver o mapa, as persoas non videntes poderán saber como é o ceo nocturno ademais de aprender as formas e os nomes das constelacións que se inclúen escritos en relevo nas chapas (en braille e en tinta). Os materiais empregados na impresión con diferentes texturas e propiedades luminiscentes permiten ser táctiles pero tamén ser usados con outros fins na escuridade.
A principal conclusión que se saca despois de facer este proxecto e de probalo con xente, tanto vidente coma non vidente, é que non é tan dificil facer ferramentas educativas que sirvan para instruír a todo o mundo, xa sexan persoas con algún tipo de discapacidade (visual ou doutro tipo) como persoas sen elas. Tamén se conclúe que por modificar levemente algunhas cousas neste tipo de materiais educativos, pódense facelos máis accesibles para todo o mundo.
Preséntase o resultado do traballo en eventos como o Día da Ciencia na rúa, na Makerfaire e Ciencia en acción, e púidose ver como é práctico e interesante para non videntes e videntes, para profesores, xente nova e expertos en astronomía.