Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

28 Mapa do ceo e constelacións táctiles

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
O propósito deste proxecto é axudar ás persoas con discapacidades visuais a entender o noso concepto do ceo nocturno mediante un mapa con constelacións e estrelas en relevo impreso en 3D.
Hipótese

A nosa hipótese é que tras usar, tocar e ver o mapa, as persoas non videntes poderán saber como é o ceo nocturno ademais de aprender as formas e os nomes das constelacións que se inclúen escritos en relevo nas chapas (en braille e en tinta). Os materiais empregados na impresión con diferentes texturas e propiedades luminiscentes permiten ser táctiles pero tamén ser usados con outros fins na escuridade.
Resultados

A principal conclusión que se saca despois de facer este proxecto e de probalo con xente, tanto vidente coma non vidente, é que non é tan dificil facer ferramentas educativas que sirvan para instruír a todo o mundo, xa sexan persoas con algún tipo de discapacidade (visual ou doutro tipo) como persoas sen elas. Tamén se conclúe que por modificar levemente algunhas cousas neste tipo de materiais educativos, pódense facelos máis accesibles para todo o mundo. Preséntase o resultado do traballo en eventos como o Día da Ciencia na rúa, na Makerfaire e Ciencia en acción, e púidose ver como é práctico e interesante para non videntes e videntes, para profesores, xente nova e expertos en astronomía.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: A Coruña
Poboación: A Coruña
Alumnos/as

Lola Reboredo Rodríguez
Laura Gil Lago
Titor/a

María Paz Freire Campo
Centro

IES Menéndez Pidal Zalaeta
Descrición

O proxecto ten como obxectivo facer cultura accesible e inclusiva, axudar a persoas non videntes a percibir o que se coñece como ceo nocturno. Deseñáronse chapas de constelacións e este mapa con relevo, imprimíronse e divulgáronse en plataformas para compartilos libremente. Nas chapas de cada constelación, ademais está o nome destas en braille e tinta (en relevo). Propósitos: Crear materiais (de clase, traballo ou educativos) que servan ademais para xente con discapacidades visuais. Contribuír a crear unha ciencia máis rica e diversa a través da tecnoloxía.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.