Podes consultar aquí os resultados da Galiciencia 2022
Non te perdas nada
O programa, ¡Mira todo o que preparamos!
10:00h - 13:00h
14:00h - 14:55h
Programa de radio Efervesciencia para tod@s. Salón de actos.
Actividade exclusiva para expositores de proxectos de Sec/Bac
14:00h - 14:50h
Taller sobre minerais estratéxicos para Bac. Aula Tecnópole.
Actividade exclusiva para expositores de proxectos de Sec/Bac
14:00h - 14:50h
Taller A aventura de voar para 3º/4º ESO. Aula Newton Galicia.
Actividade exclusiva para expositores de proxectos de Sec/Bac
15:00h - 17:00h
15:00h - 18:00h
10:00h - 13:00h
11:00h - 12:00h
14:00h - 14:55h
Taller sobre minerais estratéxicos para 3º/4º ESO. Aula Tecnópole.
Actividade exclusiva para expositores de proxectos de Sec/Bac
14:00h - 14:50h
Taller A aventura de voar para Bac. Aula Newton Galicia.
Actividade exclusiva para expositores de proxectos de Sec/Bac
15:00h - 17:00h
15:00h - 18:00h
10:00h - 13:00h
13:15h - 14:15h
Clausura e entrega de premios
A TEMÁTICA
Que é a Economía Circular?
A economía circular (EC) ten por obxectivo reducir o impacto das actividades económicas e sociais sobre o medio natural. Para tal fin, non hai mellor acción que eliminar o consumo de todo o “innecesario” e “superfluo”, é dicir, reducir o consumo, tanto no ámbito das empresas como dos consumidores finais (particulares ou administracións públicas). Feito o anterior, dispoñemos de diversas estratexias para ser máis circulares:
Reducir o consumo de recursos
Reducir o consumo de recursos en xeral (biomasa, auga, recursos minerais…) e, particularmente, dos non renovables, priorizando o uso de recursos renovables, minorando deste xeito os impactos vinculados á súa extracción da natureza. Existen diferentes estratexias que poden ser empregadas para tal fin, como por exemplo as melloras na eficiencia nos procesos de produción, ou o uso compartido de produtos e servizos, pois reduce as necesidades de produción (coche compartido, aluguer de ferramentas domésticas ou doutro tipo, etc.).
Recircular
Recircular os recursos empregados nas diferentes actividades, como por exemplo alongando a vida útil dos recursos mediante diferentes estratexias (re-manufactura, re-emprego, reciclaxe, etc.), para o que cómpre repensar o uso dos recursos e empregar estratexias de eco-deseño.
Tratamentos axeitados
Finalmente, debemos facer tratamentos axeitados no fin de vida dos produtos, priorizando aqueles tratamentos dos recursos desbotados que permitan a súa asimilación polo medio natural, minimizando os posibles impactos negativos, ou incluso contribuíndo á súa mellora e rexeneración (como por exemplo, a compostaxe de residuos orgánicos para o seu uso como enmenda orgánica do solo), pois deste xeito xa non debemos consideralos residuos.
Priorizar
E sempre priorizar os estados dos recursos con maior valor. Un supoñer: é máis valioso o re-emprego dunha computadora que o seu desmantelamento para a reciclaxe dos seus compoñentes.
Queres participar con proxectos?
Abrimos os formularios o día 18 de xaneiro
Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos (este límite só para centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP) para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.
Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia presencial ou online 2022 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous alumnos/as como máximo e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración. O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tendes que subilo a YouTube e enviarnos o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.
Listas admitidos
A data para a presentación de proxectos é do 18 de xaneiro ao 25 de marzo de 2022
Queres visitar Galiciencia?
O prazo de inscrición é do 18 de xaneiro ao 25 de marzo do 2022
Poderá visitar a Galiciencia 2022 calquera centro educativo de Galicia.
Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na segunda semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaron. A lista de admitidos será publicada nesta web de Galiciencia.
Criterios de valoración
Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:
- Que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria). Preferente.
- Que sexa a primeira vez que veñen á Galiciencia.
- Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía a través de Instagram para secundaría, e desafío ¡atrévete coa economía circular!).
Establecerase un máximo por centro de 40 asistentes e un mínimo de 20, e só poderán dispor de dúas visitas aqueles centros que presenten proxectos para primaria (un autobús de 40 asistentes máximo e 20 asistentes mínimo) e secundaria (outro autobús de 40 asistentes máximo e 20 asistentes mínimo). O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.
Listas admitidos
CONCURSO DESEÑO DA CAMISETA OFICIAL DE GALICIENCIA 2022
Agradecervos a todos e todas a vosa participación no noso Concurso de deseño da camiseta oficial da Galiciencia 2022. Moitas grazas porque sen vós este concurso non podería seguir vivo, este ano recibimos ao redor de 300 debuxos participantes.
“Soña en Verde”
Matilde Tacón Román e Rita Doce Ramos
Curso 6º D, CEIP Lamas de Abade, Santiago de Compostela.
Parabéns ás ganadoras!
E moitísimas grazas a todos/as por participar!
Desafío Científico
O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.
Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Economía Circular.
O desafío constará de dúas fases:
1ª Fase non presencial:
Constará de tres retos a realizar a distancia que se remitirán a través da sección da web correspondente a cada un dos retos (sempre dentro do sitio atrevetecoaeconomiacircular.galiciencia.com). Para poder superar esta primeira fase, é preciso que participedes na totalidade de retos. Non son excluíntes entre eles (non hai eliminados nin puntuacións para superalos), pero si é requisito indispensable participar nos tres retos iniciais dentro dos prazos marcados para cada reto. Consultar bases de participación.
2ª Fase presencial:
Constará dun reto final que terá lugar o xoves 12 de maio de 11:00h a 12:00h (a concretar) durante a celebración de Galiciencia, e na que participarán o tres grupos mellor valorados de cada categoría na anterior fase.
Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, non tendo opción a participar de forma individual.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán cubrir o formulario previo a resolver o primeiro reto cos seus datos de contacto (especificados nas bases de participación). A resolución do reto 1 dentro do prazo establecido (desde o 18 de xaneiro ao 18 de febreiro do 2022), fai efectiva a inscrición no desafío.
Concurso Fotografía
A TRAVÉS DE INSTAGRAM
O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Economía Circular.
O prazo de presentación das fotografías é desde o 18 de xaneiro ata o 18 de abril de 2022.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2022