A principal hipótese é amosar que mediante unha pirámide holográfica e os patróns de Moiré pódense crear ilusións e despertar a curiosidade no alumnado que visualice as creacións.
En base ao traballo realizado coa pirámide holográfica e os patróns de Moiré, púidose comprobar que entre as persoas que puideron manipular os ditos instrumentos a maioría delas se ilusionou por ver algo novidoso e despertaron neles máis interese se cabe cando se lles comentou que isto tiña moitas aplicacións técnicas na industria.