Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

44 H-EcoPower: xeración de electricidade sostible con auga de chuvia

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
H-EcoPower é un proxecto innovador que busca xerar electricidade de forma sostible mediante a utilización de microturbinas instaladas en canalóns de vivendas e edificios aproveitando a forza da auga.
Hipótese

Se se instala unha microturbina en canalóns de edificios e vivendas, poderase xerar unha cantidade significativa de electricidade para reducir o consumo da rede eléctrica convencional. Ademais, a implantación desta tecnoloxía mellorá a eficiencia enerxética e permitirá un aforro económico a longo prazo.
Resultados

As probas iniciais demostraron que a microturbina pode xerar unha cantidade de enerxía suficiente para alimentar pequenos dispositivos eléctricos e reducir o consumo da rede. A eficiencia varía en función da intensidade da chuvia, pero os resultados suxiren que en zonas con alta pluviometría, o sistema pode ser unha solución viable para a autoxeración eléctrica. O proxecto H-EcoPower demostra que é posible aproveitar a auga de chuvia para xerar electricidade de forma sostible e eficiente. A implementación deste sistema pode contribuír á redución da pegada de carbono e ao aforro enerxético. A comparación cos sistemas existentes mostra que a microxeración hidroeléctrica ten potencial en zonas con precipitacións frecuentes.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: Formación Profesional
Provincia: Pontevedra
Poboación: Lalín
Alumnos/as

Alejandro Fernández Cao
Sergio Vales Blanco
Titor/a

Meritxell Porral Novis
Centro

IES Laxeiro
Descrición

A transición cara a fontes de enerxía renovable é esencial para reducir o impacto ambiental da produción eléctrica e diminuír a dependencia de combustibles fósiles (IPCC, 2021). Neste contexto, H-EcoPower propón unha solución innovadora baseada na microxeración hidroeléctrica a pequena escala, utilizando a auga de chuvia como recurso enerxético. Este proxecto busca optimizar o aproveitamento dos recursos naturais, reducindo custos enerxéticos e promovendo a sostibilidade ambiental. Os obxectivos principais son: desenvolver unha solución viable para a autoxeración eléctrica, fomentar o uso de tecnoloxías limpas e concienciar sobre o consumo responsable de enerxía.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.