Tipo de participación: ONLINE
Resumo do proxecto::
Estase a investigar a especie Chelidonium majus, unha planta especial porque produce un líquido amarelo. O obxectivo é analizar este líquido mediante diferentes probas, como diseccións e observacións ao microscopio, entre outras.
Ademais do estudo deste líquido, tamén se analizan as distintas partes da planta, como as flores, as follas, os froitos e as sementes, para poder identificala e coñecer mellor a súa morfoloxía. Para dispoñer de máis mostras, tamén se plantaron as súas sementes, o que permitirá seguir investigando o seu crecemento e desenvolvemento.
Por outra banda, tamén se investigaron as aplicacións desta planta. Chelidonium majus foi utilizada tradicionalmente na medicina popular, especialmente en América nos seus inicios, para tratar feridas e diversas enfermidades.