As hipóteses iniciais eran:
1. Canto máis maior fose a persoa, mellor sabería reaccionar e estaría máis calmada ante
as situacións propostas no test.
2. As mulleres terían reaccións máis positivas ás emocións ca os homes.
3. As persoas con discapacidade intelectual terían as reaccións máis negativas, serían
máis sensibles.
Unha vez analizados todos os datos, conclúese que as persoas maiores xestionan mellor as súas emocións, posiblemente pola súa experiencia na vida. Ademais, independentemente da idade, os homes xestionan peor as emocións que as mulleres, mais elas foron máis sensibles ao pitido e ás imaxes. As reaccións das persoas con discapacidade están máis achegadas ás reaccións dos rapaces que as dun adulto e son moito máis sensibles a estímulos, independentemente do seu sexo.