Se se consegue eliminar a lignina e se branquea, a madeira pode quedar máis ou menos transparente sen perder a súa resistencia.
A madeira ten que ser moi fina, e o proceso emprega auga e produtos relativamente tóxicos.
Habería que seguir investigando, pero podería ter futuro grazas ás súas propiedades. O problema sería facelo a grande escala e co menor gasto enerxético posible buscando o método industrial máis eficiente, menos contaminante e cunha mínima pegada de carbono.